BVG Atrás Índice de Páxinas |
Corpo |
||
(pel) |
|
v4emmapedreirapel.html
regresas sen pel
á entrada de todos os himes
como á república intacta da pel no tempo das mandarinas
e prodúceste
nesa hora de sombras pálidas
nunha cabalgada de labios que se incrustan
sobre ti
en cristal de superficie histérica
- de repente -
e páusaste
arremuiñado en escamas instantáneas
en feluxe que envolverá os teus dedos
en aloumiño de cereixas impreso no corpo
e rondas en pel
que se dispón en esferas
como o aire
e captúraste
|
© 2006 Biblioteca Virtual Galega |